top of page

INFO

    A Banda de Gaitas Os Zoqueiros nace no ano 2002 na localidade do Porriño. Dende aquela, a banda está moi renovada, en xeral con músicos moi novos. Queda formalmente constituída como Asociación Cultural o 27 de outubro de 2003.

​

   Os membros fundadores desta asociación foron: Xosé Manuel Iglesias Diz, Alberto Pereiro Lueiro, Maximino Martínez Adega, Ángel Costas González, Eduardo González Fernández, José Rodríguez Moreira e Francisco javier Rodríguez Mayo.

 

   A súa primeira actuación foi o día 17 de maio de 2003 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. En xullo de 2005 foron teloneiros do grupo Xistra de Coruxo, e no mes de setembro do mesmo ano de Luar na Lubre.

​

   As súas actuacións circunscríbense, fundamentalmente, a concellos da Provincia de Pontevedra e zona norte de Portugal. Durante o ano son fixas as actuacións nas festas patronais do Porriño, desfile na procesión de Corpus de Ponteareas e no desfile de artistas cinematográficos na inauguración do Festival de Curtos de Cans.

​

   Ademais das astuacións fixas, nos últimos anos podemos destacar actuacións nas festas da Peregrina de Pontevedra, nas festas patronais de El Carmen en Marín e en vodas.

​

   O seu director dende o seu nacemento é o artesán de gaitas, Xosé Manuel Gil, que ten o obradoiro no Concello de Ponteareas.

​

   A banda dispón de dous tipos de vestimenta habitual nos grupos de músca tradicional galega: O traxe de época e o traxe de gala.

bottom of page